Picdeer logo Browse Instagram content with Picdeer

@correspondentesportas

Correspondentes Xuvenís

correspondentesportas

C.P.I Domingo Fontán📚 Portas📍 Bases do concurso 8M ⬇⬇

  • 96 Total Likes
  • 0 Tot. Comments
Actividades no Espazo Xove de Lalín
Charla informativa nas Pontes, Carballo e Santiago.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos. Máis información nas nosas historias.
O concurso ten como finalidade que os menores, adultos e centros educativos únanse á campaña do Safer Internet Day 2019, para promover o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías, baixo o lema “Unha Internet mellor comeza contigo: Convivindo con respecto para unha Internet segura”. Premio para a categoría de MENORES E ADULTOS: Cámara 360º para cada integrante do grupo. Premio para a categoría de ADULTOS: Cámara 360º para cada integrante do grupo. Premio para a categoría de CENTRO EDUCATIVO: Cheque regalo en material tecnolóxico por valor de 1.000 euros (IVE excluído) para o centro. Máis información nas nosas historias.
O Departamento Confederal de Mocidade de USO lanza, en colaboración co Departamento Confederal da Muller, o I Concurso de Curtos, “A mocidade ante o 8 M”. Máis información nas nosas historias e as bases do concuro na nosa biografia.
A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas nestas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. Máis información nas nosas historias.
Educación Artística. Arte na aula 2019. O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza un ciclo de cursos prácticos para docentes que presenta a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula.  O programa está estruturado ao redor de tres eixes de gran presenza na educación formal (as matemáticas, a narración e o coñecemento do contorno natural) e deseñado para explorar os límites entre áreas de coñecemento e convidar os educadores e educadoras a experimentar e aprender antes de levar as súas propostas á aula.  Cada bloque exponse de forma independente pero dentro dunha estrutura e obxectivos comúns. Os participantes poden cursar un ou todos os bloques en función de se o seu interese é puntual e temático ou pretenden unha experiencia máis significativa.
Centros Quérote+ son espacios da Dirección Xeral de Xuventude dirixidos á mocidade en materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das Tics e hábitos saudables. A atención é ANÓNIMA e GRATUITA. Máis información nas nosas historias.
As fundacións ONCE, Legálitas e "Deporte Joven" presentaron a campaña #amornoescontrol, que pretende identificar diferentes condutas delituosas, relacionadas coa ciberviolencia de xénero entre adolescentes, co obxectivo de que eles mesmos as recoñezans, non as permitan e as denuncien. #amornoescontrol
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten aberto o prazo para participar na décima edición do Parlamento Xove, programa de debate que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a mocidade.  Está dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato e en total poderán participar 48 equipos, 24 por cada categoría.  A iniciativa consiste nunha competición na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos e un profesor que será o coordinador, investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. O programa realizarase en dúas fases: unha primeira clasificatoria, da que xurdirán oito equipos gañadores, e unha segunda na que estes equipos se enfrontarán nunha fase final. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.  Poderedes atopar máis información nas nosas historias destacadas ou na páxina web: http://www.parlamentoxove.com/images/2019/bases_2019.pdf